Benvidos a Conxuro da queimada

Un dos rituais mais máxicos e espectaculares da cultura galega de orixe Celta é a exorcización dos malos espíritos a través do Conxuro da Queimada. Esta exorcización materilízase na tradición da “Queimada” bebída máxica de lume, augardente, azucre, limón e uns grans de café que ca súa elaboración mediante o ritual máxico do bruxo convírtese nun suculento beberaxe que o baixar polas nosas gorxas libéranos de todo mal e enbruxamento. Este beberaxe elaborado polo noso bruxo, que ten as suas orixes na Galicia mais profunda onde os seus ancestros xa eran expertos na exorcización do “Mal de ollo”, espíritos, etc... pois vivían nun lugar chamado o “Alto da Pedreiriña” que estaba preto o “Alto do Cerro” sitio onde a maior parte do ano fai acto de presencia unha densa néboa e unha brisa de aire suave ideal para a viaxe dos espíritos.
Estes ancestros durante o inverno saian o monte co gando a pastar e a cortar leña, onde para gardarse do frío e soportar mellor as baixas temperaturas preparaban unha queimada que o mesmo tempo os liberaba dos malos espíritos. Por este motivo todavía hoxe este bruxo, descendente do “Alto da Pedreiriña”, ofrécelles este espectáculo para a súa festa de boda, comunión, comida de empresa, etc... na que se sentirán sobrecollidos por este “Mestre Queimador” que o pronunciar o tradicional conxuro exorciza os malos espíritos achegando os bos cheos de enerxía positiva, onde o espectáculo mesturado ca augardente, a solemnidade e o sentido do humor farán do seu evento un día inesquecible para vostede e para os seus que degustarán o máxico bebedizo que ademais de estar exquisita ten propiedades curativas (non hai resfriado que se lle resista). Por todo esto levamos a maxia e o misterio das antigas lendas dos “Mouchos, coruxas, sapos e bruxas...” a sua boda, cea de empresa, aniversario, inauguración, etc... sendo o complemento perfecto para a sua festa en calquera parte do mundo.
¡¡Dende Galicia para o Mundo!!







